LaPescaSubmarina Fusiles de madera y rollers Arpía Sub.  
•   Principal  •   Fotos  •  Tu Cuenta  •  Foros  •
¿Te gusta?

Menú
Buscar

Inicio
Galería
Galerías de usuarios
Subir fotos
Ver últimas Fotos
Mapa de usuarios
Cartas náuticas
Cálculo de mareas
Contenidos
Añadir contenidos
F.A.Q.
Alimentación
Bricosub
ComicSub
Consejos
El Equipo
Fundamentales
Historias
Legislación
Libros
Mareas
Obligada lectura
Peces
Preparación
Recetas
Técnicas
Varios
Vídeos

· Tramitar licencias

· Cto. Esp. Ind. 2011
· Cto. Esp. Ind. 2010
· Cto. España Ind. 2009
· Cto. España Clubs 2009
· Cto. España Ind. 2008
· Cto. España Ind. 2007

Comunícate
Foros
Encuestas
Libro de Visitas
Recomiendanos
Enlazanos
Contacta con nosotros
Noticias
Enviar noticia
Archivo de noticias
Noticias por email
Noticias RSS/XML
Descargas y Enlaces
Descargas
Enlaces
Información
Lista de Usuarios
Gente Online
Tu cuenta
Chat
REGÍSTRATE AQUÍ GRATIS, solo faltas tú. No pierdas la oportunidad de formar parte de esta gran familia de pescadores submarinos, participando en los foros, mostrándonos las fotos de tus capturas y muchas cosas más... pero por favor, revisa antes nuestras normas.

BIENVENIDO, un saludo y buenas pescas.
LaPescaSubmarina.com


Índice principalMás valoradosAleatorios
Categoría: Legislación/Galicia

- Decreto 211/1999, do 17 de xuño. DEROGADO -

Descripción corta: pola que se regula la pesca marítima de recreo (actualizado con la sentencia que invalida la prohibición de pescar pulpo).

DECRETO 211/1999, DO 17 DE XUÑO, POLA QUE SE REGULA A PESCA MARÍTIMA DE RECREO



Ó amparo do disposto nos artigos 148.1º.11 da Constitución e 27.15º do Estatuto de autonomía de Galicia, e de acordo co previsto no Real decreto 3318/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios do Estado en materia de agricultura, gandería e pesca, a Comunidade Autónoma de Galicia está facultada para regula-las actividades pesqueiras de carácter recreativo, recoñecendo os permisos de pesca recreativa emitidos pola Administración do Estado e por outros entes territoriais, respectando as normas internas da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, establece que o seu obxecto é regular e ordenar todo tipo de actividade pesqueira marítima, sen prexuízo das particularidades do réxime de actividades pesqueiras de carácter recreativo, que disporá da súa propia regulamentación específica.

Tendo en conta que esta actividade se desenvolve no mesmo marco espacial cá a actividade pesqueira profesional, é necesario que a regulación e ordenación normativa equilibre os distintos intereses en xogo, preservando a riqueza piscícola das nosas augas e promovendo o lexítimo esparexemento dos afeccionados á pesca recreativa que tódalas administracións públicas deben fomentar polo seu interese deportivo e cultural.

O desenvolvemento da citada Lei de pesca nesta materia levouse a cabo a través do Decreto 429/1993, do 17 de decembro, e a Orde do 29 de marzo de 1996, normativa que se revisa neste decreto con motivo de adapta-las actividades de pesca recreativa ós cambios experimentados nestes últimos anos. O novo panorama da pesca recreativa está protagonizado pola proliferación de embarcacións dedicadas a este tipo de pesca, tanto para a captura de recursos pesqueiros para consumo propio como por aquelas cunha finalidade comercial que reside en facilita-la pesca recreativa a terceiros, e pola necesidade cada vez maior de incidir na conservación dos recursos pesqueiros como se vén insistindo na recente normativa comunitaria, estatal e autonómica.

Esta norma establece a diferenciación entre a actividade de pesca recreativa e a de inmersión, tanto a pulmón libre como a efectuada con equipos de respiración autónoma. Esta diferenciación ten por finalidade erradicar unha tradicional confusión entre ámbalas dúas actividades, así como tamén pola propia necesidade de protección dos recursos pesqueiros.

O decreto estructúrase en dezaoito artigos agrupados en tres capítulos, tres disposicións adicionais, unha disposición transitoria e dúas disposicións derrogatorias. O capítulo I contén as disposicións xerais sobre o ámbito de aplicación, as distintas modalidades de pesca recreativa, as licencias para o seu exercicio e os requisitos para ser titulares delas, as especies obxecto de captura e os seus topes máximos, os útiles prohibidos e o réxime sancionador. Tendo en conta que a actividade pesqueira está suxeita a relevantes cambios conxunturais, remítese para o seu desenvolvemento posterior á regulamentación dos horarios e días hábiles de pesca.

Os capítulos II e III regulan a práctica da pesca marítima de recreo en superficie e a submarina, respectivamente, nos que se dispón os útiles de pesca, as distancias mínimas e as necesidades de balizamento.

Por todo o exposto, por proposta do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, oído o Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de xuño de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Capítulo I
Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.
Este decreto ten por obxecto establecer determinados límites ó exercicio da pesca marítima de recreo en augas interiores da Comunidade Autónoma galega, co fin de protexe-los recursos pesqueiros.

Artigo 2º.-Definición.
Para os efectos deste decreto, enténdese por pesca marítima de recreo aquela que se practica por esparexemento ou deporte e sen ánimo de lucro, non podendo ser obxecto de venda nin transacción as capturas obtidas, que terán que ser destinadas ó consumo propio ou entregadas para fins benéficos.

Artigo 3º.-Modalidades.
A pesca marítima de recreo poderá ser en superficie, desde terra ou desde unha embarcación deportiva ou de lecer, e submarina, nadando ou mergullando en apnea.

Artigo 4º.-Ámbito de aplicación.
Este decreto é de aplicación á pesca marítima de recreo que se practique en augas interiores da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5º.-Licencias.
1. A práctica da pesca marítima de recreo, en calquera das súas modalidades, require a previa obtención de licencia, que será expedida pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura despois da presentación da documentación que regulamentariamente se estableza e o pagamento das taxas que legalmente correspondan.
2. A licencia ten carácter persoal e intransferible e para a súa eficacia deberáselle xuntar calquera documento que acredite a identidade do seu posuidor.
3. A licencia terá un período de vixencia dun ano, contado desde a súa data de expedición, e poderá renovarse antes do termo da súa vixencia.
4. Non obstante o disposto no punto anterior, e co obxecto de fomenta-lo turismo relacionado coas actividades de pesca recreativa, poderanse outorgar licencias temporais para o exercicio da pesca marítima de recreo, en calquera das súas modalidades, por un período dun mes, revalidables por un mes máis dentro do mesmo ano natural.

Artigo 6º.-Clases de licencias.
1. As licencias que habilitan para a práctica da pesca marítima de recreo serán de dúas clases:
a) Licencia de pesca marítima de recreo en superficie, que faculta para exerce-la pesca recreativa desde terra ou desde unha embarcación da lista sétima do rexistro de matrícula.
b) Licencia de pesca de recreo submarina, que faculta para exerce-la pesca recreativa nadando ou mergullando en apnea.
2. Non obstante o sinalado no punto 2º do artigo 5 e do 1 a) deste decreto, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura poderá outorgar autorizacións temporais ó titular dunha embarcación da lista sexta do rexistro de matrícula cando esta se empregue en actividades recreativas ou deportivas con interese lucrativo.
3. Terán validez para o exercicio da pesca de recreo en augas interiores da Comunidade Autónoma de Galicia os permisos de pesca marítima recreativa outorgados pola Administración xeral do Estado e polas administracións doutras comunidades autónomas, así como as expedidas por outros estados membros da Unión Europea, os cales recoñecerá a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Os seus titulares deberán cumprir, en todo caso, as normas contidas neste decreto.
4. Non obstante o disposto no parágrafo anterior, as licencias de pesca submarina deberán ser validadas polo órgano competente en materia de pesca para que o seu titular poida exercer esa modalidade en augas interiores de Galicia.

Artigo 7º.-Requisitos dos titulares.
1. Para ser titular dunha licencia de pesca marítima de recreo en superficie é preciso ter unha idade mínima de 16 anos. Os menores desta idade quedan exentos, debendo acreditar tal circunstancia documentalmente no momento que así llelo requiran os membros do Servicio de Protección de Recursos.
2. Para ser titular dunha licencia de pesca marítima de recreo submarina requírese ter cumpridos 16 anos, dispoñer dun certificado médico oficial que acredite a aptitude física necesaria para a práctica
normal desta actividade, ser titular dun seguro de accidentes e de responsabilidade civil que cubra os incidentes en que puidese incorre-lo titular da licencia durante o su período de validez e estar en posesión da licencia de armas ou tarxeta federativa que a substitúa, todo iso sen prexuízo de cumpri-lo disposto no artigo 54.4º do Real decreto 137/1993, do 29 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de armas, ou o que no futuro poida modificalo ou substituílo.
Esta modalidade estará suxeita ó cumprimento das normas de seguridade para o exercicio das actividades subacuáticas establecidas por orde do Ministerio de Fomento do 14 de outubro de 1997 (BOE nº 280, do 22 de novembro), ou a que no futuro poida modificala ou substituíla.

Artigo 8º.-Concursos de pesca recreativa.
1. Os concursos, campionatos e competicións deportivas de pesca recreativa necesitarán a previa autorización da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, que regulará en cada caso as súas condicións. De tal autorización, de ser positiva, darase comunicación ás confrarías do ámbito territorial onde se pretenda realiza-lo concurso, campionato ou competición.
2. Os concursos, campionatos e competicións deportivas de pesca recreativa estarán suxeitos ó cumprimento das disposicións xerais contidas neste decreto. Non obstante, non estarán sometidos ó tope máximo de capturas que nel se establecen, salvo que se considere conveniente fixar un límite para preserva-los recursos pesqueiros afectados.

Artigo 9º.-Especies. (Mirar sentencia ABAJO)
A práctica da pesca marítima de recreo só habilita para a captura de peixes e cefalópodos, excepto o polbo, debendo en todo caso respecta-las épocas de extracción e tamaños regulamentariamente establecidos.

Artigo 10º.-Topes de capturas.
1. En calquera modalidade de pesca marítima de recreo poderase capturar un máximo de cinco quilogramos por licencia e día, podendo non computarse o peso dunha peza. Só se permitirá a tenza dunha peza que exceda o peso do tope establecido.
2. Se a pesca recreativa se realiza desde unha embarcación, o máximo de capturas por licencia e día é de cinco quilogramos, cun tope máximo de dezaseis quilogramos por embarcación e día se son máis de tres as persoas embarcadas titulares de licencia.
3. Na pesca de grandes peláxicos -túnidos e peixes espada ou especies afíns- o tope máximo de capturas establécese en vintecinco quilogramos por licencia e día, cun tope máximo de cincuenta quilogramos por embarcación e día se son dúas ou máis as persoas embarcadas titulares de licencia.
4. As embarcacións non poderán pescar, transportar nin efectuar descargas superiores ós topes máximos de capturas sinalados nos puntos anteriores, aínda que se empregasen varios días continuos de navegación.

Artigo 11º.-Útiles prohibidos.
Queda expresamente prohibido na práctica da pesca marítima de recreo:
a) O emprego de luces artificiais de superficie ou somerxidas ou calquera outro medio que sirva de atracción ou concentración artificial das especies que se vaian capturar.
b) O uso de calquera clase de substancia velenosa, narcótica, explosiva ou contaminante.
c) A utilización, fondeo ou calado de calquera tipo de artes ou aparellos profesionais da pesca, así como a súa tenza a bordo das embarcacións de lecer ou deportivas.

Artigo 12º.-Horario.
A práctica da pesca marítima de recreo realizarase dentro do horario e nos días que regulamentariamente se determine.

Artigo 13º.-Infraccións e sancións.
As infraccións das normas contidas nesta disposición sancionaranse conforme a Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.



Capítulo II
A práctica da pesca marítima de recreo en superficie

Artigo 14º.-Útiles de pesca.
A pesca marítima de recreo en superficie, tanto desde terra como desde embarcación, poderase practicar mediante o emprego de sedela ou aparellos de anzois, excluído o raño ou rastro, sostidos pola man ou a cana; o seu número determinarase regulamentariamente.

Artigo 15º.-Distancias.
1. A pesca marítima de recreo en superficie non se poderá practicar a menos de cen metros das praias cando estean frecuentadas por bañistas.
2. As embarcacións desde as que se practique a pesca marítima de recreo manterán unha distancia mínima de cen metros dos barcos pesqueiros que estivesen a faenar, así como das artes e aparellos profesionais debidamente balizados.
3. En ningún caso se poderá impedir ou dificulta-las faenas de pesca profesional.



Capítulo III
A práctica da pesca marítima de recreo submarina

Artigo 16º.-Útiles de pesca.
1. Na práctica da pesca submarina de recreo unicamente se empregarán arpóns, frechas ou fisgas impulsadas pola man ou por medios mecánicos.
2. Queda expresamente prohibido na práctica da pesca submarina o emprego de equipos autónomos ou semiautónomos ou calquera outro sistema que permita a respiración en inmersión, así como a utilización de artefactos hidrodeslizadores ou vehículos similares.

Artigo 17º.-Balizamento.
Durante a práctica da pesca submarina, o mergullador deberá sinalizar en todo momento a súa posición mediante unha boia de cor vermella, amarela ou laranxa, cunha bandeira da letra A do Código Internacional de Sinais.

Artigo 18º.-Limitacións e distancias.
Prohíbese a práctica da pesca submarina de recreo nos lugares seguintes:
a) A menos de douscentos cincuenta metros das artes de pesca, fixas ou de deriva, e das embarcacións dedicadas a calquera clase de pesca profesional.
b) A menos de douscentos cincuenta metros das praias cando estean frecuentadas por bañistas.
c) Nas zonas portuarias así como nas canles de navegación.
d) Nas zonas do litoral prohibidas mediante orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.




Disposicións adicionais

Primeira.-A inmersión, tanto a pulmón libre coma con equipos de respiración autónoma, poderase realizar libremente sen máis limitacións que estar en posesión das titulacións correspondentes e das autorizacións que, se é o caso, se esixan.
A súa práctica estará suxeita ó cumprimento das normas de seguridade para o exercicio de actividades subacuáticas establecidas por orde do Ministerio de Fomento do 14 de outubro de 1997 (BOE nº 280, do 22 de novembro), ou a que no futuro poida modificala ou substituíla.

Segunda.-A inmersión nas zonas a que se refire o artigo 18 d) deste decreto estará suxeita á previa autorización da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura na forma que regulamentariamente se determine.

Terceira.-Durante a práctica da inmersión queda prohibida a captura de calquera ser vivo do mar.
Disposición transitoria
As licencias expedidas con anterioridade á entrada en vigor deste decreto manterán a súa validez ata o final do seu período de renovación.




Disposición derrogatoria

1. Quedan derrogadas expresamente as seguintes disposicións:
a) O Decreto 429/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de actividades pesqueiras de carácter recreativo.
b) A Orde do 29 de marzo de 1996 pola que se regula a expedición de licencias para practica-la pesca marítima de lecer dentro das augas interiores da Comunidade Autónoma de Galicia e se fixan as zonas do litoral onde se poderá practica-la pesca submarina.

2. Quedan derrogadas todas aquelas disposicións de igual ou inferior rango en canto contradigan ou se opoñan ó disposto neste decreto.




Disposicións derradeiras


Primeira.-Facúltase o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura para que, no ámbito da súa competencia, dicte as disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento e execución deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor un mes despois da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.




Santiago de Compostela, dezasete de xuño de mil novecentos noventa e nove.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Amancio Landín Jaráiz
Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura




De: lapescasubmarina
Autor: *****
E-Mail: Enviar E-Mail
Añadido: Marzo 14, 2005
Modificado: Noviembre 15, 2006
Visualizaciones: 2786
Votos: 2
Valoración: 9.5
Nos interesa tu opinión, valora este artículo:

Opciones

Versión imprimible  Versión imprimible

Enviar a un amigo  Enviar a un amigo
Comentarios restringidos a usuarios registrados Conectar
No hay comentarios, añade el tuyo.
Disfruta de la Pesca Submarina, la galería de fotos de Pesca Submarina y los foros de Pesca Submarina con una resolución óptima igual o superior a 1024 x 768.
Todos los logos y marcas son propiedad de sus respectivos dueños. Lo demás © 2000 por LaPescaSubmarina, tu web de pesca submarina.
Puedes suscribirte por RSS a nuestras Noticias de Pesca Submarina y Apnea o la los Últimos post del foro, así como a las Ofertas
Linterna Led última Generación: Los mejores trucajes de linternas de pesca submarina. "Linterna Omer Moonlight Led Trucada" y "Linterna MKII (Raggio) Led Trucada"
 Página Generada en: 0.547 segundos 
Cualquier reproducción de cualquier parte de esta página, hecha en cualquier formato y distribuida en cualquier medio, ha de hacerse de acuerdo a los terminos indicados en la licencia Creative Commons, con reconocimiento adecuado a la fuente (enlace activo al contenido), sin interés comercial y compartiendo en los mismos términos de licencia.
Licencia de Creative Commons   Síguenos en twitter   Nuestra página canal en Facebook   Campeonato de España Individual de Pesca Submarina 2007   Campeonato de España Individual de Pesca Submarina 2008
Política de Privacidad