LaPescaSubmarina Fusiles de madera y rollers Arpía Sub.  
•   Principal  •   Fotos  •  Tu Cuenta  •  Foros  •
¿Te gusta?

Menú
Buscar

Inicio
Galería
Galerías de usuarios
Subir fotos
Ver últimas Fotos
Mapa de usuarios
Cartas náuticas
Cálculo de mareas
Contenidos
Añadir contenidos
F.A.Q.
Alimentación
Bricosub
ComicSub
Consejos
El Equipo
Fundamentales
Historias
Legislación
Libros
Mareas
Obligada lectura
Peces
Preparación
Recetas
Técnicas
Varios
Vídeos

· Tramitar licencias

· Cto. Esp. Ind. 2011
· Cto. Esp. Ind. 2010
· Cto. España Ind. 2009
· Cto. España Clubs 2009
· Cto. España Ind. 2008
· Cto. España Ind. 2007

Comunícate
Foros
Encuestas
Libro de Visitas
Recomiendanos
Enlazanos
Contacta con nosotros
Noticias
Enviar noticia
Archivo de noticias
Noticias por email
Noticias RSS/XML
Descargas y Enlaces
Descargas
Enlaces
Información
Lista de Usuarios
Gente Online
Tu cuenta
Chat
REGÍSTRATE AQUÍ GRATIS, solo faltas tú. No pierdas la oportunidad de formar parte de esta gran familia de pescadores submarinos, participando en los foros, mostrándonos las fotos de tus capturas y muchas cosas más... pero por favor, revisa antes nuestras normas.

BIENVENIDO, un saludo y buenas pescas.
LaPescaSubmarina.com


Índice principalMás valoradosAleatorios
Categoría: Legislación/Galicia

- Orde do 13 de decembro de 2006 -

Descripción corta: Pola que se desenvolve o Plan de recuperación do polbo e se ditan normas para a aprobación dos plans zonais.

A Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, dispón no seu artigo 22 que a Xunta de Galicia establecerá as normas para o exercicio da actividade encamiñada á explotación dos recursos mariños nas súas distintas modalidades, entre outras, as relativas ás épocas de veda, os tamaños mínimos autorizados para a extracción dos recursos mariños, así como as cotas ou os topes máximos de captura e as relativas ás artes, aos aparellos ou utensilios autorizados para exercer a pesca e o marisqueo e as limitacións do seu número.

En desenvolvemento da lei, o Decreto 424/1993, do 17 de decembro, aproba o Regulamento da actividade pesqueira e marisqueira e das artes e aparellos de pesca permisibles en Galicia. Diversas modificacións deste decreto, a última delas mediante o Decreto 198/2004, do 29 de xullo, permitiron a posta en práctica de plans experimentais de pesca para o estudo de diversas medidas de explotación dos recursos mariños, co obxectivo de acadar o máximo rendemento sustentable. En aplicación de tales preceptos foron aprobados plans de captura do polbo con nasas nos anos 2000, 2001 e 2002, que permitiron un maior coñecemento da arte e do recurso.

No ano 2005 comezou a detectarse unha baixada nas capturas de polbo, o que motivou a formulación de novas medidas de xestión, entre elas a prohibición de captura de polbo durante un mes, nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia. A constatación da tendencia de descenso motivou que se ditase a Orde do 11 de maio de 2006, pola que se establece o Plan de recuperación do polbo (Octopus vulgaris) e se regulan as bases da convocatoria para a concesión de compensacións financeiras aos propietarios e tripulantes de buques dedicados á captura do polbo afectados pola paralización temporal da súa actividade. Esta norma, ademais

de establecer medidas directas de xestión, dispón na súa disposición adicional terceira que a partir do 1 de xaneiro de 2007 serán aprobados pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos plans zonais de explotación do polbo, nos cales se regulará un sistema de explotación do recurso axeitado ás características das diferentes zonas, e prevé que se estableza, como mínimo, un plan zonal para a costa cantábrica, outro para a costa noroeste e un terceiro para as rías baixas.

Os informes realizados sobre o seguimento da pesca do polbo, unha vez rematada a parada que dispuxo a devandita orde, recomendan manter unha veda de dous meses que podería ser variable entre finais de primavera ou comezos de verán. Esta veda debe estar apoiada doutras medidas de redución de esforzo, que serán diferentes antes e ao remate da veda así como entre o verán e o inverno.

Faise, polo tanto, necesario ditar unha nova norma que permita cumprir o mandato da disposición adicional terceira da Orde do 11 de maio de 2006 atendendo ás conclusións dos informes de seguimento emitidos.

As diferentes características de protección da costa galega, con diferentes graos de exposición aos temporais e a ondada, fan que a actividade de captura do polbo varíe en diversos sectores da costa. A presente orde vén sentar as bases mínimas comúns a cada zona, permitíndose a partir de aí atender as necesidades do sector en cada unha delas. O establecemento de tres plans zonais téntase adaptar ás peculiaridades da explotación en cada unha das zonas.

Por outra banda, o carácter estacional do ciclo biolóxico desta especie fai conveniente adiantar o cumprimento do mandato da Orde do 11 de maio de 2006 establecendo os plans zonais antes da data sinalada, co fin de adaptar as medidas de xestión ás variacións estacionais observadas.

Con tal obxecto, e facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, oída a Comisión sectorial de pesca de artes fixas e artes menores en caladoiro nacional do Consello Galego de Pesca na súa reunión do día 17 de novembro de 2006.

DISPOÑO:
Artigo 1º.-Obxecto.
Por medio desta orde establécense as bases da xestión e os contidos mínimos para a elaboración dos plans zonais de explotación no marco do Plan de recuperación do polbo.

Artigo 2º.-Plans zonais. Aprobación e vixencia.
Os plans zonais de explotación do polbo aprobaranse mediante resolución da Dirección Xeral de Recursos Mariños. A súa vixencia comprenderá desde a data sinalada na propia resolución ata o

31-12-2009, sen prexuízo de que se poidan modificar ou prorrogar á vista dos informes biolóxicos de avaliación.

Artigo 3º.-Ámbito de aplicación dos plans zonais.
1. Aprobarase un plan de explotación do polbo para cada unha das zonas que se indican.

* Plan zonal do polbo para a costa noroeste: tramo ao sur de cabo Silleiro, e desde Corrubedo a monte Campelo.

* Plan zonal do polbo para as rías baixas: ao norte de cabo Silleiro ata Corrubedo.

* Plan zonal do polbo para a costa cantábrica: desde Monte Campelo ata o río Eo.
Os plans deberán establecer os límites concretos do ámbito de aplicación e poderán establecer unha zona de transición, en que se permita a coexistencia das normas dos plans colindantes para as embarcacións afectadas por cada un deles.

2. Para a captura de polbo, calquera que sexa a arte utilizada, será requisito imprescindible a inscrición para a participación nun plan zonal, que se formalizará mediante solicitude formulada polo armador e dirixida á Dirección Xeral de Recursos Mariños na cal conste o número de tripulantes con que conta a embarcación con obriga de notificar calquera cambio no número de tripulantes enrolados para os efectos de aplicación do artigo 4.2º.

A inscrición nun determinado plan zonal obriga a embarcación a respectar a veda establecida por aquel, sen prexuízo de que poida faenar nas augas de competencia da comunidade autónoma respectando as normas de traballo establecidas polo plan zonal vixente en cada ámbito.

Unha vez realizada a inscrición nun determinado plan zonal, esta deberá manterse polo prazo mínimo dun ano, e será prorrogada automaticamente por períodos iguais se non media solicitude en contrario. Non obstante, a transmisión dunha embarcación facultará o novo armador a solicitar o cambio ou a nova inscrición nun plan zonal antes do transcurso do prazo dun ano.

Artigo 4º.-Contido mínimo dos plans zonais.
1. Cada plan zonal deberá establecer para a totalidade da zona un período de dous meses continuados de veda para o polbo, comprendidos entre abril e xullo. Para a súa determinación oirase o sector afectado.

Esta veda será de aplicación a todas as embarcacións incluídas no ámbito xeográfico do plan zonal, independentemente das artes que empreguen.

2. Fóra dos períodos de veda, os plans establecerán medidas de xestión para a pesca do polbo dentro dos límites seguintes:

a) No período comprendido de maio a outubro o tamaño mínimo de captura será dun quilogramo.

O tope máximo de capturas establécese en 40 kg por embarcación e 40 kg máis por cada tripulante enrolado a bordo e día.

b) No período comprendido de novembro a abril o tamaño mínimo de captura será o establecido na orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 15 de novembro de 1992 pola que se regulan os tamaños mínimos de extracción e comercialización de diversas especies de peixes, moluscos, crustáceos e equinodermos, ou norma que a modifique ou substitúa. O tope máximo de captura establécese en 200 kg por embarcación e 200 kg máis por cada tripulante enrolado a bordo e semana.

Artigo 5º.-Outros contidos do plan.
Os plans zonais poderán regular os horarios de pesca, así como outras medidas de xestión que, de ser o caso, se establezan con carácter experimental, de conformidade co disposto no artigo 3 e 3 bis do Decreto 424/1993, do 17 de decembro, polo que se aproba o regulamento da actividade pesqueira e das artes e aparellos de pesca permisibles en Galicia, segundo a modificación efectuada polo Decreto 198/2004, do 29 de xullo. Ademais, poderanse establecer medidas específicas de vixilancia e control, medidas encamiñadas á mellora da comercialización e, en xeral, cantas poidan contribuír á mellora de xestión do recurso dentro do respecto ás leis e demais disposicións aplicables.

Artigo 6º.-Incumprimento.
O incumprimento das obrigas contidas nesta orde e nos plans zonais ditados de acordo con ela dará lugar a responsabilidade e será sancionado, de conformidade coa Lei 8/2004, do 30 de xullo, de protección, control, infraccións e sancións en materia marítimo-pesqueira.

Disposicións adicionais
Primeira.-No exercicio da pesca recreativa non se poderá extraer ningunha peza de polbo nos períodos e zonas de veda establecidos nos plans zonais.

Segunda.-Fóra dos períodos e zonas de veda, no exercicio da pesca recreativa as capturas de polbo estarán limitadas do xeito que segue:

-Nos meses de maio a outubro poderán coller unha soa peza por pescador e día, e non se poderán capturar pezas de peso inferior a 1 kg.

-No período de novembro a abril permitirase a captura de dúas pezas por pescador e día. O tamaño mínimo de extracción será o establecido na orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 15 de novembro de 1992 pola que se regulan os tamaños mínimos de extracción e comercialización de diversas especies de peixes, moluscos, crustáceos e equinodermos, ou norma que a modifique ou substitúa.


Disposición derrogatoria
Queda derrogada a Orde do 11 de maio de 2006 pola que se establece o Plan de recuperación do polbo (Octopus vulgaris) e se regulan as bases e a convocatoria para a concesión de compensacións financeiras aos propietarios e tripulantes de buques dedicados á captura de polbo afectados pola paralización temporal da súa actividade, e toda norma de igual e ou inferior rango que sexa contraria ao contido desta orde.

Disposición transitoria
Os procedementos de concesión de compensacións financeiras aos propietarios e tripulantes de buques iniciados ao abeiro da orde da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos do 11 de maio de 2006 seguirán a súa tramitación de acordo coa devandita orde ata a súa finalización.

Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o director xeral de Recursos Mariños para ditar as normas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2006.
Carmen Gallego Calvar
Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos



De: Lapescasubmarina
Autor: Xunta de Galicia
E-Mail: Enviar E-Mail
Añadido: Marzo 28, 2008
Modificado: Marzo 28, 2008
Visualizaciones: 1073
Votos: 3
Valoración: 6.66
Nos interesa tu opinión, valora este artículo:

Opciones

Versión imprimible  Versión imprimible

Enviar a un amigo  Enviar a un amigo
Comentarios restringidos a usuarios registrados Conectar
No hay comentarios, añade el tuyo.
Disfruta de la Pesca Submarina, la galería de fotos de Pesca Submarina y los foros de Pesca Submarina con una resolución óptima igual o superior a 1024 x 768.
Todos los logos y marcas son propiedad de sus respectivos dueños. Lo demás © 2000 por LaPescaSubmarina, tu web de pesca submarina.
Puedes suscribirte por RSS a nuestras Noticias de Pesca Submarina y Apnea o la los Últimos post del foro, así como a las Ofertas
Linterna Led última Generación: Los mejores trucajes de linternas de pesca submarina. "Linterna Omer Moonlight Led Trucada" y "Linterna MKII (Raggio) Led Trucada"
 Página Generada en: 0.438 segundos 
Cualquier reproducción de cualquier parte de esta página, hecha en cualquier formato y distribuida en cualquier medio, ha de hacerse de acuerdo a los terminos indicados en la licencia Creative Commons, con reconocimiento adecuado a la fuente (enlace activo al contenido), sin interés comercial y compartiendo en los mismos términos de licencia.
Licencia de Creative Commons   Síguenos en twitter   Nuestra página canal en Facebook   Campeonato de España Individual de Pesca Submarina 2007   Campeonato de España Individual de Pesca Submarina 2008
Política de Privacidad