•   Principal  •   Fotos  •  Tu Cuenta  •  Foros  •
REGÍSTRATE AQUÍ GRATIS, solo faltas tú. No pierdas la oportunidad de formar parte de esta gran familia de pescadores submarinos, participando en los foros, mostrándonos las fotos de tus capturas y muchas cosas más... pero por favor, revisa antes nuestras normas.

BIENVENIDO, un saludo y buenas pescas.


ndice principalMs valoradosAleatorios
Categora: Legislación/Galicia

- Resolución do 18 de abril de 2007 -

   Compartir esta noticia en Twitter
Descripcin corta: Da Dirección Xeral de Recursos Mariños, pola que se establece o período de veda para o polbo para o ano 2007.

Por medio da Orde do 13 de decembro de 2006 (publicada no Diario Oficial de Galicia, nº 241, do día 18 de decembro), pola que se desenvolve o plan de recuperación do polbo e se ditan normas para a aprobación dos plans zonais, establécense as bases da xestión e os contidos mínimos para a elaboración dos plans zonais de explotación no marco do devandito plan de recuperación.

Con base ao artigo 2 desta orde, a Dirección Xeral de Recursos Mariños aprobou tres plans zonais mediante as seguintes resolucións:

-Resolución do 19 de decembro de 2006, pola que se aproba o Plan zonal experimental de captura de polbo (octopus vulgaris) para a zona noroeste.

-Resolución do 19 de decembro de 2006, pola que se aproba o plan zonal experimental de captura de polbo (octopus vulgaris) para a zona cantábrica.

-Resolución do 19 de decembro de 2006, pola que se aproba o plan zonal experimental de captura de polbo (octopus vulgaris) para a zona das Rías Baixas.

No artigo 4 da Orde do 13 de decembro de 2006 e no punto 4.1 de cada unha das resolucións polas que se aproban os plans zonais establécese unha veda de dous meses consecutivos comprendidos entre abril e xullo, que deberán as entidades asociativas adscritas a cada plan comunicar para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Consultado o sector, esta dirección xeral,
RESOLVE:
Primeiro.-Declarar o período de veda do polbo para o ano 2007, que queda establecido do seguinte xeito:

Zona Ámbito / Veda

- Zona noroeste O tramo ao sur de Cabo Silleiro e deSde Corrubedo a Monte Campelo / Do 11 de maio ao 9 de xullo
- Zona cantábrica Monte Campelo ata o río Eo / Do 11 de maio ao 9 de xullo
- Zona Rías Baixas Norte de Cabo Silleiro ata Corrubedo / Do 11 de maio ao 9 de xullo

Segundo.-Iniciar o proxecto de modificación da Orde do 9 de xaneiro de 2007, pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o ano 2007, para adiantar o período de captura de nécora autorizado a partir do día 9 de xullo de 2007.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ante a conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2007.
Antonio García Elorriaga
Director xeral de Recursos Mariños



   Compartir esta noticia en Twitter
De: Lapescasubmarina
Autor: Xunta de Galicia
E-Mail: Enviar E-Mail
Aadido: Marzo 28, 2008
Modificado: Marzo 28, 2008
Visualizaciones: 2865
Votos: 1
Valoracin: 2
Nos interesa tu opinin, valora este artculo:

Opciones

Versin imprimible  Versin imprimible

Enviar a un amigo  Enviar a un amigo


Comentarios de usuarios de Facebook




Comentarios de usuarios de la pgina

Comentarios restringidos a usuarios registrados Conectar. No hay comentarios, aade el tuyo.
Universal Module ©